Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/87-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda.

Enderezo social: Apartado 6, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Filloi-A Reigosa.

Situación: Forcarei.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 600 m de lonxitude, con condcutor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o C.T. de Valiñaxemia ata o C.T. que se proxecta en Filloi-A Reigosa, concello de Forcarei. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V. R.B.T., aérea, de 250 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 9 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7381