Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/129-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 Oza dos Ríos.

Denominación: R.B.T. Carraceda.

Situación: Oza dos Ríos.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380-220 V sobre apoios de formigón (9) e con conductor R.Z., en seccións de 95 e 150 mm Al, de 1.053 m de lonxitude con orixe no C.T. Carraceda (expediente 32540) e discorrendo polos lugares do Casal, Fonte da Viña, Carraceda, Bando e Escorial. Oza dos Ríos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6984