Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/79-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Enderezo social: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: reforma L.M.T. Pazo-Muras-Mosteiro.

Situación: Pazos de Borbén.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 95 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 1 da L.M.T. Pazo-Muras-Mosteiro ata o C.T. existente de Amoedo, concello de Pazos de Borbén.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 6 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7102