Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/224-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a 15/20 kV e C.T. de 250 kVA, Urb. Laxe-Rutis.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 185 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 95 mm Al, que parte dun apoio da L.M.T. a C.T. Bernardino e remate no C.T. prefabricado que se vai construír de 250 kVA en Laxe-Rutis. Concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6982