Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/256-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. 100 kVA en Cebráns (Fumiñeo e Cebráns) R.B.T.

Situación: Muxía.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56: de 2.062 m de lonxitude, con orixe na liña Muíños-Allo (expediente 27866) e remate no C.T. Fumiñeo, que se vai instalar; de 50 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da anterior e remate no C.T. Cebráns, que se vai instalar. Centros de transformación aéreos, sobre apoios de formigón, de 100 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Fumiñao e Cebráns, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 145 m e 250 m respectivamente. Muxía.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7101