Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta termoeléctrica de aproveitamento de residuos sólidos urbanos á empresa Sogama, S.A., no concello de Cerceda (A Coruña) e se inclúe no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994. (Expediente 116/1997).

Vistos os escritos e a documentación presentados pola empresa Sogama, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en Morzós 10 baixo, As Encrobas-San Román, 15817 Cerceda (A Coruña), esta dirección xeral ten en conta os seguintes

FEITOS:

Primeiro.-Con data do 14 de febreiro de 1997, a referida empresa, dedicada ó tratamento e eliminación de residuos sólidos, solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, para a planta termoeléctrica de aproveitamento de resi

duos urbanos que se vai instalar no concello de Touro. Xúntaselle á dita solicitude a preceptiva memoria resumo das instalacións, a autorización do organismo competente para o uso de residuos como combustible e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4º do citado R.D. 2366/1994.

Segundo.-Con data do 16 de outubro de 1997, a citada empresa solicitou a autorización administrativa da planta termoeléctrica; xúntaselle á dita solicitude o preceptivo anteproxecto a que fai referencia o artigo 8 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto no punto segundo da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do sistema eléctrico nacional.

Terceiro.-As características básicas da planta termoeléctrica prevista serán as seguintes:

-Dúas unidades de incineración, con capacidade para 569 Tm/día de combustible derivado de residuos urbanos, cunha producción máxima continua de vapor sobrequentado de 98.350 kg/h a 43 bar (g) e 450º C.

-Unha turbina de vapor a condensación de 50 MW de potencia.

-Un xerador síncrono trifásico de 49 MWe; tensión de xeración 11 kV.

-Un transformador de potencia r/t 11/220 kV, de 62 MVA e outro para servicios auxiliares r/t 11/20 kV, de 10 MVA.

-Instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e complementarias de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Cuarto.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da citada Lei 40/1994, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 23 de outubro de 1997 pola que se someteu á información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 1-12-1997, no BOP da Coruña do 28-12-1997, no BOE do 8-11-1997, no xornal El Ideal Gallego do 20-12-1997 e no BOE do 10-12-1997, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Quinto.-O proxecto está informado favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e coas demais que lle son de aplicación.

Sexto.-O proxecto conta co informe favorable da Dirección Xeral da Enerxía do Ministerio de Industria e Enerxía requirido polo artigo 5.2º do R.D. 2366/1994 para instalacións de máis de 25 MVA.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizarlle a instalación dunha planta termoeléctrica de aproveitamento de residuos sólidos urbanos á empresa Sogama, S.A., que se situará no termo municipal de Cerceda, na provincia da Coruña.

2. Recoñecerlle á citada instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo b do artigo 2 do dito real decreto.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova solicitude de autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do R.D. 2366/1994, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6911