Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.377

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de xullo de 1998 pola que se regula o documento de rexistro para o transporte e comercialización de moluscos bivalvos vivos.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 145, do día 29 de xullo de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 8.652, no primeiro parágrafo, onde di: «... as zona de producción de moluscos bivalvos e outros invertebrados marinos...», debe dicir: «... as zonas de producción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños...».

-Na mesma páxina, artigo 2º, punto 3, onde di: «nas delegacións periféricas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura...», debe dicir: «Nas delegacións periféricas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura...».

-Na mesma páxina, artigo 4º, onde di: «... establecementos de transformación e lugares de reinstalación...», debe dicir: «... establecementos de transformación ou lugares de reinstalación...».

-Na mesma páxina, artigo 5º, no segundo parágrafo, onde di: «... e tanto orixinal como a copia deberán ser conservados...», debe dicir: «... e tanto o orixinal como a copia deberán ser conservados...».

-Na páxina 8.653, no anexo, onde di: «Clasificada segundo a Irde do 23-2-1998 como:...», debe dicir: «Clasificada segundo a Orde do 23-2-1998 como:...».

-Na mesma páxina e anexo, onde di: «Data de resolección... de... de 199...», debe dicir: «Data de recolección... de... de 199...».

7327