Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.377

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se conceden as subvencións para publicacións periódicas convocadas no anexo VII á Orde do 9 de febreiro de 1998 (DOG do 13 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral do coñecemento e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 9 de febreiro de 1998 (DOG do 13 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspon

dentes á promoción xeral do coñecemento e se procede á súa convocatoria, prevé, no seu anexo VII, a concesión de subvencións para publicacións periódicas de carácter científico.

Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) e orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de abril de 1998 (DOG do 12 de maio), esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas que a continuación se relacionan para as publicacións que se sinalan e na contía que se indica en cada caso:

Servicio de Publicacións da Universidade da Coruña:

-Publicación: Lenguaje y Textos.

Contía: 250.000 pesetas.

-Publicación: Revista Galega de Psicopedagoxía.

Contía: 500.000 pesetas.

-Publicación: Boletín Académico da E.T.S. de Arquitectura de A Coruña.

Contía: 500.000 pesetas.

-Publicación: Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.

Contía: 200.000 pesetas.

-Publicación: Sociológica.

Contía: 175.000 pesetas.

-Publicación: Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe.

Contía: 550.000 pesetas.

-Publicación: Revista de Lexicografía.

Contía: 550.000 pesetas.

Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela:

-Publicación: Boletín Galego de Literatura.

Contía: 700.000 pesetas.

-Publicación: Dereito: Revista Xurídica da Universidade de Santiago.

Contía: 500.000 pesetas.

-Publicación: Innovación Educativa.

Contía: 400.000 pesetas.

-Publicación: Moenia: Revista Lucense de Lingüística e Literatura.

Contía: 500.000 pesetas.

-Publicación: NACC: Nova Acta Científica Compostelana.

Contía: 500.000 pesetas.

-Publicación: Obradoiro de Historia Moderna.

Contía: 400.000 pesetas.

-Publicación: Revista Galega de Economía.

Contía: 775.000 pesetas.

-Publicación: Verba: Anuario Galego de Filoloxía.

Contía: 800.000 pesetas.

-Publicación: Semata.

Contía: 600.000 pesetas.

-Publicación: Ágora: Papeles de Filosofía.

Contía: 500.000 pesetas.

Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo:

-Publicación: Cooperativismo e Economía Social.

Contía: 200.000 pesetas.

-Publicación: Sarmiento-Anuario Galego de Historia da Educación.

Contía: 300.000 pesetas.

-Publicación: Thalassas: Revista de Ciencias del Mar.

Contía: 600.000 pesetas.

-Publicación: Babel-AFIAL.

Contía: 200.000 pesetas.

Grupo de investigación de bioética de Galicia

-Publicación: Cadernos de Bioética.

Contía: 100.000 pesetas.

Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (Adega).

-Publicación: Adega. Cadernos.

Contía: 100.000 pesetas.

Asociación «Marcelo Macías» de Colaboradores del Museo y Archivo Provinciales de Ourense.

-Publicación: Boletín Auriense.

Contía: 100.000 pesetas.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no apartado primeiro desta resolución e que foron admitidas para participar neste concurso, debe entenderse que quedan denegadas por non acadaren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-De acordo co establecido no punto 4 das bases da convocatoria, previamente ó pagamento e, en todo caso, antes do 30 de outubro de 1998, os beneficiarios deberán remitir un exemplar da correspondente publicación na que conste a colaboración prestada pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data de

publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1998.

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

7409