Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Con data do 30 de xullo de 1998 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de reforma da iluminación pública na zona Comercial Barreiros, o que se expón ó publico na secretaría do concello, polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no BOP ou DOG. Coa mesma data aprobouse a memoria valorada da obra redactada polo enxeñeiro técnico industrial Fernando Pardo Ureña, cun orzamento de execución por contrata de 9.000.000, que se expón ó público na secretaría do concello, co fin de que durante o prazo de 15 días poidan formularse as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Asemade, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o devandito prego ou contra a memoria valorada.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da obra de reforma da iluminación pública na zona Comercial Barreiros.

b) División por lotes e número: non.

d) Lugar de execución: zona Comercial Barreiros (San Cibrao das Viñas).

d) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

9.000.000 de ptas. (nove millóns).

5. Garantías.

Provisional: 180.000 ptas. 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario das 9 ás 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, Praza da Constitución 1, San Cibrao das Viñas, teléfono: 988 38 10 34; fax: 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar da memoria e do prego de cláusulas depositaranse na Fotocopiadora Puga, situada na zona universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG das 9 ás 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, consonte os modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da casa do concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 31 de xullo de 1998.

P.O.

A alcaldesa

Rubricado

7595