Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (55/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 23 de xullo adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, a instancia de José Guede Cid, en representación de Promociones Betán, S.L. o proxecto de urbanización da UA-12B do SU-5 do PXOU de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden oportunas.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de agosto de 1998.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde en funcións

7594