Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

EDICTO.

Mediante acordo da Comisión de Goberno deste concello, adoptado en sesión celebrada o día 28 de xullo de 1998, acordouse:

1. Aproba-los expedientes de contratación por concurso en procedemento aberto, declarados de tramitación urxente, e o seu gasto, derivado das obras que se detallan no obxecto da presente convocatoria.

2. Abri-los procedementos de licitación destas obras, dando publicidade no BOP e no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

Convocatoria de concurso en procedemento aberto:

Obxecto: a execución das obras que seguidamente se especifican, facendo constar que os contratistas interesados poden presenta-la súa oferta neste concurso para unha, varias ou tódalas obras, xa que cada obra se adxudicará individualmente.

1. Saneamento en Bousés, San Cibrao e As Casas dos Montes:

Obra número 380 do Plan operativo local de 1998.

Autor do proxecto: enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo.

Orzamento de execución por contrata: 12.000.000 de ptas.

Prazo de execución das obras: 4 meses.

2. Construcción dos camiños de acceso ás Casas dos Montes e San Cibrao:

Obra do programa PIEL do Fondo de cooperación local da Xunta 1998.

Autor do proxecto: enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo.

Orzamento de execución por contrata: 5.944.165 ptas.

Prazo de execución das obras: 3 meses.

3. Saneamento en Videferre, Espiño e Rabal:

Obra do programa PIEL do Fondo de cooperación local da Xunta 1998.

Autor do proxecto: enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo.

Orzamento de execución por contrata: 6.389.488 ptas.

Prazo de execución das obras: 3 meses.

4. Recuperación da capela de San Roque en Oímbra:

Obra subvencionada ó amparo da iniciativa comunitaria Leader II.

Autor da memoria valorada: arquitecto Eusebio Chao Carreiras.

Orzamento de execución por contrata: 3.319.364 ptas.

Prazo de execución das obras: 4 meses.

5. Melloras e revalorización do forno de Bousés:

Obra subvencionada ó amparo da iniciativa comunitaria Leader II.

Autor da memoria valorada: enxeñeiro técnico A. Rafael Señarís Glez.

Orzamento de execución por contrata: 3.234.525 ptas.

Prazo de execución das obras: 18 meses.

6. Recuperación do forno de Videferre:

Obra subvencionada ó amparo da iniciativa comunitaria Leader II.

Autor da memoria valorada: enxeñeiro técnico A Rafael Señarís Glez.

Orzamento de execución por contrata: 2.693.250 ptas.

Prazo de execución das obras: 18 meses.

7. Acondicionamento de praza rural á tipoloxía local:

Obra subvencionada ó amparo da iniciativa comunitaria Leader II.

Autor da memoria valorada: arquitecto Eusebio Chao Carreiras.

Orzamento de execución por contrata: 4.196.449 ptas.

Prazo de execución das obras: 18 meses.

8. Acondicionamento de forno tradicional en Espiño:

Obra subvencionada ó amparo da iniciativa comunitaria Leader II.

Autor da memoria valorada: arquitecto Eusebio Chao Carreiras.

Orzamento de execución por contrata: 1.910.173 ptas.

Prazo de execución das obras: 4 meses.

9. Obras de pavimentación de rúas en Chas:

Obra financiada integramente con préstamo formalizado polo concello.

Autor da memoria valorada: enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo.

Orzamento de execución por contrata: 3.730.779 ptas.

Prazo de execución das obras: 1 mes.

Orzamento base de licitación: o orzamento de execución por contrata especificado para cada obra.

Nas ofertas que se formulen poderanse introducir variacións ou outras solucións técnicas co obxecto de mellora-las previsións do proxecto, sempre que se cumpran os requisitos sinalados ó describi-las melloras pola cláusula oitava do prego que rexe na contratación.

Clasificación do contratista: non se esixe para ningunha das obras obxecto da convocatoria.

Prazo de execución das obras: o que se especificou anteriormente para cada obra ó describi-lo obxecto do contrato.

Garantías: como garantías para participar no concurso para a execución destas obras, de cada unha esixirase o 2% do orzamento de execución por contrata como garantía provisional e o 4% do devandito orzamento como garantía definitiva.

Prazo de presentación das proposicións: os 13 días naturais seguintes á última publicación, no BOP ou

no Diario Oficial de Galicia, da convocatoria do concurso; se o derradeiro día coincidise sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó día seguinte natural non festivo.

Celebración da licitación: o concurso terá lugar ás 17 horas do segundo día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas.

Criterios que hai que ter en conta na licitación:

1. As melloras que os propoñentes efectúen na súa oferta nos termos establecidos, sen superar en absoluto o orzamento de execución por contrata de cada obra.

2. A valoración que efectúe a mesa de contratación da realización de obras con bos resultados de características similares para o Concello de Oímbra.

3. A rebaixa no prazo inicialmente previsto para a execución das obras.

4. Os medios técnicos humanos e materiais que os concorrentes se comprometan a poñer ó servicio da obra.

5. O maior importe da baixa ofertada sobre o tipo de licitación.

Pagamento do prezo contractual: con cargo ó orzamento municipal de 1998, partida 5.60.

Exame do expediente: nas oficinas da Secretaría do Concello, desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo establecido para presentar proposicións.

Presentación de documentación: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse na forma sinalada na cláusula oitava do prego que rexe na contratación.

Oímbra, 3 de agosto de 1998.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde

7592