Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de xullo de 1998, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación da obra que se menciona a continuación, queda exposto ó público polo prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no último dos boletíns (BOP de Lugo, Diario Oficial de Galicia) en que apareza publicado.

Anúnciase ó mesmo tempo a licitación, de conformidade co disposto no artigo 122 do R.D. 781/1986, aínda que a licitación se aprazará no caso de que se presenten reclamacións en contra do prego de condicións:

Título da obra: pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación do Vilar, Libre e A Veiga de Son, Castañedo, Robledo de Rao, Sinada, Folgueiras de Aigas, Muñís, Freixís, Arcón, Acevedo, Murias de Camín, Mera, Barcia e Vilor.

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Navia de Suarna.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Obxecto do contrato:

a) Descrición: pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación do Vilar, Libre e A Veiga de Son, Castañedo, Robledo de Rao, Sinada, Folgueiras de Aigas, Muñís, Freixís, Arcón, Acevedo, Murias de Camín, Mera, Barcia e Vilor.

b) Lugar de execución: Navia de Suarna.

c) Prazo de execución: nove (9) meses.

Tramitación:

a) Carácter: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Orzamento base de licitación:

a) O orzamento de execución por contrata ascende a vintetrés millóns trescentas trinta e oito mil setecentas corenta e unha (23.338.741) ptas., IVE incluído.

Garantía provisional e definitiva:

Garantía provisional: 466.775 ptas.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Obtención de documentación e información:

Concello de Navia de Suarna, praza de España, 1. Localidade: A Pobra. Código postal: 27650. Teléfono: 982 36 51 66. Fax: 982 36 51 12, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns nos que apareza publicado (Diario Oficial de Galicia ou BOP Lugo).

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: G-6-c.

Outros requisitos:

Non se esixen máis requisitos cós establecidos na lei.

Proposicións e documentación complementaria:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns (Diario Oficial de Galicia ou BOP de Lugo) no que apareza publicado. Se o último día fose sábado ou inhábil, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Entrada do Concello de Navia de Suarna, en horario das 9 ás 14 horas.

Apertura de ofertas:

Entidade: Concello de Navia de Suarna.

Domicilio: praza de España, 1.

Localidade: Navia de Suarna.

Data: 5º día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas.

Se o día de apertura coincide con sábado ou inhábil, a apertura celebrarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: todos por conta do contratista.

Navia de Suarna, 29 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7593