Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Con data do 30 de xullo de 1998 foron aprobados pola Comisión de Goberno os pregos de cláusulas administrativas que rexerán os procedementos abertos, polo trámite de urxencia, para a contratación por concurso das obras de saneamento na Farixa (plan base 1998) e a construcción do camiño a Venda-Outeiro e accesos en Pazos, Montelongo e Laxe

(FCL Programa Piel 1998). Expóñense ó publico na secretaría do concello, polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

Asemade, anúncianse as licitacións para adxudica-los contratos, aínda que a licitación se aprazarán canto resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra os devanditos pregos.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita os expedientes: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) A execución da obra de saneamento na Farixa consonte o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas Jesús Iglesias Iglesias.

Prazo de execución: catro meses.

b) A execución da obra de construcción do camiño a Venda-Outeiro e accesos en Pazos, Montelongo e Laxe consonte o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo.

d) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Obra de saneamento na Farixa, o orzamento de execución por contrata e tipo de licitación ascende á cantidade de 13.300.000 ptas.

b) Obra de construcción do camiño a Venda-Outeiro e accesos en Pazos, Montelongo e Laxe, o orzamento de execución por contratra e tipo de licitación ascende a cantidade de 13.208.239 ptas.

5. Garantías.

Provisional: será do 2% do orzamento da contrata da obra.

Definitiva: será do 4% do orzamento de adxudicación da obra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario das 9 ás 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, Praza da Constitución 1, San Cibrao das Viñas, teléfono: 988 38 10 34; fax: 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar da memoria e do prego de cláusulas depositaranse na Fotocopiadora Puga, situada na

zona universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe clasificación para ningunha das obras citadas.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG das 9 ás 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen as contratacións, consonte os modelos que se establecen no ditos pregos.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da casa do concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro (3º) día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 31 de xullo de 1998.

P.O.

A alcaldesa

Rubricado

7628