Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía, con data do 31 de xullo de 1998, aprobouse o expediente administrativo para contratar mediante concurso, procedemento aberto polo trámite de urxencia, a obra de accesos a núcleos de poboación nas parroquias de Esteiro, Cervo, Régoa, Montoxo e San Román incluída no Programa de Pequenas Infraestructuras e Equipamentos Locais do Fondo de Cooperación coas Entidades Locais 1998.

A través do presente anuncio convócase o concurso de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cedeira.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 6/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: accesos a núcleos de poboación nas parroquias de Esteiro, Cervo, Régoa, Montoxo e San Román.

b) Lugar de execución: Cedeira.

c) Prazo de execución: oito semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: por trámite de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento, base de licitación e criterios de selección:

a) Orzamento: 11.122.000 ptas.

b) Criterios de selección: solucións técnicas que melloren o proxecto aprobado.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento.

b) Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Domicilio: r/ Real, 15.

c) Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Teléfono: 981 48 00 00.

e) Telefax: 981 48 25 06.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cedeira. Dirección: rúa Real, 15. Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura de plicas.

e) Admisión de variantes: si.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Dirección: r/ Real, 15.

c) Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Data: primeiro mércores hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 13 horas.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Cedeira, 3 de agosto de 1998.

O alcalde-presidente

Rubricado

7632