Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.357

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de adecuación de locais no Coliseo para sala de ensaios da banda municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O98/49.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de adecuación de locais no Coliseo para sala de ensaios da banda municipal.

Prazo de execución: será proposto polos licitadores.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 20.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo C, subgrupos 4 e 8, categoría b.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, remantando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a redacción do proxecto e execución das obras de adecuación de locais no Coliseo para sala de ensaios da banda municipal».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de xullo de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

7599