Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

ANUNCIO de licitación obras PIEL/1998 e do plan provincial de cooperación 1998.

Acordo da Comisión de Goberno do 17 de xullo de 1998 polo que se aproban os pregos de cláusulas administrativas particulares e se dispón a convocatoria de concurso en procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación das seguintes obras:

1. Obra nº 215 do PIEL/1998: acceso a varios núcleos de poboación do concello.

Tipo de licitación: 23.047.234 ptas.

2. Obra nº 21 do plan provincial de cooperación 1998: pavimentación e dotación de servicios na Avda. de Pastoriza-Muimenta.

Tipo de licitación: 5.000.000 de ptas.

3. Obra nº 22 do plan provincial de cooperación 1998: iluminación pública e dotación de servicios en Fontarrega-Feira do Monte.

Tipo de licitación: 4.000.000 de ptas.

Fianzas:

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

Presentación de plicas: durante os 13 días naturais a partir do derradeiro anuncio dos publicados no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

Na Secretaría do Concello: das 10 ás 14 horas.

Apertura de plicas: na Casa do Concello ás 14 horas do primeiro día hábil seguinte ó de finalización

do prazo de presentación de ofertas, non coincidente en sábado.

Información e documentación: oficinas municipais do Concello de Cospeito, Feira do Monte, Avda. da Terra Chá, nº 29. C.P.: 27377. Teléfono: 982 52 00 01, das 10 ás 14 horas, ata o día anterior ó de remate de presentación de proposicións.

As características peculiares e a documentación esixida para tomar parte no concurso figuran nos expedientes que constan na secretaría do concello.

Ó propio tempo, expóñense ó público os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación, polo prazo de oito días hábiles contados desde a publicación deste anuncio para efectos de exame e reclamacións.

Cospeito, 18 de xullo de 1998.

Manuel Gesto Varela

Alcalde en funcións

7064