Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1998 pola que se modifica outra do 7 de xullo na que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de páxinas www para os usuarios do programa Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Fixada no epígrafe 8 do anuncio de referencia a apertura das ofertas en acto público ás 11 horas do día 28 de agosto no Instituto Galego de Promoción Económica, sito na rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela, por se-la devandita data o día seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, por un criterio de prudencia considérase necesario pospoñe-la apertura para o día 4 de setembro á mesma hora.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

7403