Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1998 pola que se anuncia a contratación mediante concurso público aberto dos servicios de promoción e publicidade dos programas e actividades do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación dos servicios de promoción e publicidade dos programas e actividades do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 10/1998.

2. Obxecto do contrato: concurso público para a contratación de servicios de promoción e publicidade dos programas e actividades do Instituto Galego

de Promoción Económica (Igape), desagregado nos seguintes lotes:

Lote 1:

Manual de identidade visual corporativa do instituto nas súas manifestacións internas e externas.

Lote 2:

a) Campaña/s de promoción e divulgación dos Plans de Mellora da Empresa Galega (Pimega) e os seus cursos.

b) Campaña/s de promoción e divulgación de Igatel, coma ferramenta para fomenta-lo uso das telecomunicacións para incrementa-la competitividade das empresas galegas.

c) Campaña/s de promoción e divulgación de programas de emprendedores, programa Lanza.

Lote 3:

a) Desenvolvemento de bosquexos e proposta técnica de plan de medios da/s campaña/s de promoción da Comunidade Autónoma de Galicia como localización idónea para o establecemento de novas empresas.

b) Campaña/s de promoción e divulgación dos instrumentos do Igape de apoio a empresas galegas inmersas en procesos de expansión exterior de Galicia.

Lote 4:

Campaña/s de promoción das ferramentas de carácter financeiro do Igape.

Lote 5:

Campaña/s de promoción das ferramentas de formación do Igape (bolsas en tódalas súas modalidades).

Lote 6:

Campaña/s de promoción do IGAPE como institución destinada a impulsa-lo desenvolvemento do sistema productivo galego.

Prazo de execución: 1 ano, prorrogable dentro dos límites legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

Orzamento máximo de licitación: 41.000.000 de pesetas (IVE incluído), co seguinte desagregamento por lotes e anualidades:

-Lote 1: anualidade 98: 2.000.000 de pesetas.

-Lote 2: anualidade 98: 2.000.000 de pesetas, anualidade 99: 8.000.000 de pesetas.

-Lote 3: anualidade 98: 3.000.000 de pesetas, anualidade: 7.000.000 de pesetas.

-Lote 4: anualidade 99: 10.000.000 de pesetas.

-Lote 5: anualidade 98: 1.000.000 de pesetas, anualidade: 2.000.000 de pesetas.

-Lote 6: anualidade 98: 2.000.000 de pesetas, anualidade: 4.000.000 de pesetas.

-Total: anualidade 98: 10.000.000 de pesetas, anualidade 99: 31.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado 16, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 21 de setembro de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do día 25 de setembro de 1998. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito na r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

7626