Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1998 pola que se modifica outra do 3 de xullo de 1998 na que se anuncia concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de seminarios para xoves emprendedores correspondentes ó programa Lanza 98.

Fixada no epígrafe 9 do anuncio de referencia a apertura das ofertas en acto público ás 13 horas do día 28 de agosto, no Instituto Galego de Promoción Económica, sito na rúa Frei Rosendo Salvado 16, Santiago de Compostela, por se-la devandita data o día seguinte ó do remate do prazo de presentación

de ofertas, por un criterio de prudencia considérase necesario pospoñe-la apertura para o día 4 de setembro á mesma hora.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1998.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

7405