Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.352

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1998 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto con tramitación urxente para a contratación dunha consultoría e asistencia para a codificación de literais, a estimación de diversas variables e a tabulación da estatística de poboación.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.1/2

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: codificación de literais, estimación de diversas variables e a tabulación da estatística de poboación.

b) Prazo de execución: dous meses e medio contados a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

-Importe total: 12.500.000 pesetas.

5. Garantía provisional: 250.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. C.P. 15702. Tlf.: 981 54 13 21, e fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario das 9 ás 14 h, ou ben na forma prevista no Art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas: o quinto día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h e nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1998.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

7404