Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a elaboración dun proxecto de regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local.

c) Enderezo: praza de Europa, 5A-4º, polígono das Fontiñas, Área Central-Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 62 20, fax: 981 54 62 01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: elaboración dun proxecto de regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

3. Orzamento base de licitación.

Orzamento: 4.000.000 de pesetas, (IVE incluído).

Aplicación orzamentaria: 13.02.123A.227.06.

4. Prazo de execución do contrato.

Dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da formalización do contrato.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: dispensada.

6. Clasificación esixida ó contratista: non se esixe.

7. Presentación de proposicións.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sito no edificio administrativo de San Caetano-bloque 5, 3ª planta, 15771, Santiago de Compostela, desde as 9 ás 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio do DOG e rematará o vixésimo sexto (26) día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil; neste caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en dous sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

A especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Modelo de proposición.

O que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Prego de cláusulas administrativas particulares.

Tódolos interesados poderán obte-los na Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, sita nas Fontiñas, praza de Europa 5A-4º, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela.

11. Apertura das proposicións.

Terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Labo

rais, ás 11 horas do sexto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

12. Solvencia económica-financeira e técnica dos licitadores.

As condicións mínimas de carácter técnico e profesional ás que deberán axustarse os licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares, apartados 5 e 6.

13. Criterios de adxudicación do concurso.

Relaciónanse no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

Durante tres meses desde a data de apertura das proposicións.

15. Anuncios.

Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7282