Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de xullo de 1998, da área provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-82/050, conta 28 e C-82/050, conta 29).

De conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non-pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes do contrato subscrito por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñeren ó día das súas obrigas, ou para compareceren na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que considere convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento administrativo co conseguinte lanzamento para a posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 20 de xullo de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da área provincial da Coruña

ANEXO

-José Luis Dacosta Aller e herdeiros.

Expediente: C-82/050 (desafiuzamento F.P. 8/1998).

Conta: 28.

Rúa Alcalde Pérez Ardá, 14, portal 2, 4º Esqda. (A Coruña).

Importe débeda: 582.700 ptas.

-Manuel Guerra Taboada e herdeiros.

Expediente: C-82/050 (desafiuzamento F.P. 9/1998).

Conta: 29.

Rúa Alcalde Pérez Ardá, bloque 14, portal 2, 4º C (A Coruña).

Importe débeda: 822.948 ptas.

7283