Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación do expediente sancionador S-12/98, seguido contra Antonio Iglesias Barcón.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), faise pública a resolución do expediente sancionador que se indica, que se segue nesta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais contra o infractor que no anexo se sinala, xa que, intentándose a notificación no último domicilio coñecido, non se puido practicar.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, con domicilio na Ronda da Muralla, 70.

Esta resolución leva consigo unha sanción de quince mil pesetas (15.000 ptas.) ó infractor que no anexo se sinala, dispoñendo dun prazo de quince días para efectua-lo pagamento, contando desde o seguinte á publicación desta resolución. De non efectuarse o pagamento dentro do dito prazo, procederase, sen máis trámite, á súa exacción por vía de constrinximento.

O pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria á Xunta de Galicia, conta restrinxida da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: recadación de multas e sancións, con número de conta 0182-5947-01-14017-9 da sucursal institucional de Banco de Bilbao-Vizcaya, con domicilio en Santiago de Compostela.

Lugo, 9 de xullo de 1998.

P.A. (artigo 16.2º, Decreto 198/1994, do 16 de xuño)

Antonio Dacal López

Secretario provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: S-12/98.

Interesado e enderezo coñecido: Antonio Iglesias Barcón. Rúa Príncipe, 30-B, Ortigueira (A Coruña).

Feitos imputados: venda ambulante de conxelados, carecendo de carné de manipulador de alimentos.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.a) 3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril. Artigos 2.1º.1 e 2.2º do Real decreto 1945/1983, do 23 de xuño. Artigos 1.1º d) e 5 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia. Artigo 4.1º do Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia.

Sanción imposta: 15.000 ptas.

Recurso procedente: recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo dun mes, desde a publicación desta resolución.

7585