Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1998 pola que se anuncia, polo procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, a contratación do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación do Centro Itinerante de Formación Activa en Materia Turística.

Orzamento de licitación: 17.000.000 de ptas. (dezasete millóns de pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: ata o 30 de marzo de 1999.

Fianza provisional: non se esixe.

Clasificación requirida: non se esixe.

Exposición dos pregos: o prego de características técnicas e o prego de cláusulas administrativas esta

rán de manifesto no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo, no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Así mesmo, será posible a presentación de ofertas consonte o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 3.2.4º do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

6988