Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1998 pola que se anuncian concursos públicos para a contratación de obras, polo procedemento aberto e tramitación urxente.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación mediante concurso aberto e trámite de urxencia das obras que se citan:

1. Rehabilitación do edificio anexo ó do semáforo de Fisterra para a súa conversión en refuxio-bar, en Fisterra (A Coruña).

Orzamento de licitación: 12.400.000 pesetas (doce millóns catrocentas mil pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación requirida: grupo k, subgrupo 7, categoría c.

2. Reutilización dos fielatos na muralla romana de Lugo (Lugo).

Orzamento de licitación: 16.505.316 pesetas (dezaseis millóns cincocentas mil trescentas dezaseis pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación requirida: grupo k, subgrupo 7, categoría d.

3. Centro de interpretación do Pico Sacro, en Boqueixón (A Coruña).

Orzamento de licitación: 39.929.696 pesetas (trinta e nove millóns novecentas vintenove mil seiscentas noventa e seis pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 3,5 meses.

Clasificación requirida: grupo k, subgrupo 7, categoría d.

4. Acondicionamento de locais para aseos e oficina de información e exposicións, no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín (Ourense).

Orzamento de licitación: 12.375.631 pesetas (doce millóns trescentas setenta e cinco mil seiscentas trinta e unha pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación requirida: grupo k, subgrupo 7, categoría d.

5. Restauración da ferrería de Seoane do Courel-O Courel (Lugo).

Orzamento de licitación: 40.415.399 pesetas (corenta millóns catrocentas quince mil trescentas noventa e nove pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 3,5 meses.

Clasificación requirida: grupo k, subgrupo 7, categoría d.

6. Restauración da ferrería de Penacova, 2ª fase, en Bóveda (Lugo).

Orzamento de licitación: 7.758.037 pesetas (sete millóns setecentas cincuenta e oito mil trinta e sete pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación requirida: grupo k, subgrupo 7, categoría c.

7. Intervención no contorno do cruceiro de Hío, en Cangas (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 51.361.493 pesetas (cincuenta e un millóns trescentas sesenta e unha catrocentas noventa e tres pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación requirida: grupo k, subgrupo 7, categoría d.

Exposición de proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro dia hábil.

Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, indistintamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto na cláusula 6.2ª, parágrafo segundo, do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 10 horas do día 3 de setembro de 1998.

Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1998.

P.D (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

7634