Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO da aprobación definitiva do plan xeral de ordenación municipal.

En cumprimento do que dispón o artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local e do artigo 48 da Lei do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva do plan xeral de ordenación municipal que co quórum que esixe o artigo 47.3º i) da Lei de bases do réxime local e o artigo 215.2º i) da Lei de Administración local de Galicia, acordou o Pleno municipal na súa sesión do 3-8-1998, recolléndose a continuación a parte dispositiva do acordo que se adoptou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo o plan xeral de ordenación municipal de Verín, segundo consta no documento final que del presenta o equipo redactor Hábitat 6, abranguendo esta aprobación definitiva tódolos documentos, previsións e manifestacións que no referido documento final figuran.

Segundo.-Publica-la aprobación definitiva do PXOM de Verín no Diario Oficial de Galicia e no BOP, inserindo neste último integramente o texto da normativa e das ordenanzas que contén.

Terceiro.-Cumpri-las restantes previsións que establece o artigo 48 da Lei do solo de Galicia para que a aprobación definitiva do PXOM que se acorda sexa plenamente efectiva e eficaz.

Cuarto.- Resolver todas e cada unha das alegacións que se presentaron trala aprobación inicial do PXOM, no mesmo sentido no que as informou o equipo redactor do plan, asumindo este pleno integramente a resolución que para cada alegación propón o equipo redactor, polo que se lles notificará este acordo a todos e cada un dos alegantes e se achegará a cada notificación copia cotexada do informe que emituu o equipo redactor do plan, quedando á disposición dos alegantes e do resto dos veciños un exemplar de tólolos documentos que integran o PXOM para que poidan obte-la información e a documentación que precisen.

O que se fai público para xeral coñecemento e para que os interesados ós que non se lles notifique persoalmente o acordo de aprobación definitiva porque non formularon alegacións durante o período de información pública que tivo lugar trala aprobación inicial, poidan interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala desta xurisdicción con sede na Coruña no prazo dos dous meses seguintes ó da data de publicación deste edicto no BOP de Ourense no que se inserirá o texto íntegro das ordenanzas e da normativa do PXOM, o cal entrará en vigor cando transcorran 15 días hábiles desde a dita publicación no BOP.

Verín, 4 de agosto de 1998.

Adolfo Rolán Fernández

Alcalde en funcións

7289