Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

ANUNCIO.

Con data do 23 de xullo de 1998 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de iluminación pública en Couso de Limia, 2ª fase, o que se expón ó público na secretaría do concello, polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da inserción do anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato, mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 6.000.000 de ptas. Fianza provisional: 120.000 ptas. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Plicas: durante 13 días naturais contados desde o seguinte á publicación do anuncio no BOP. Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do segundo día hábil seguinte (excepto sábados), a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: secretaría do concello, das 9 ás 14 horas, teléfono 988 46 50 01, fax 988 44 60 48. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Sandiás, 3 de agosto de 1998.

O alcalde en funcións

Rubricado

7554