Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

ANUNCIO.

Con data do 23 de xullo de 1998 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de beirarrúas e iluminación pública en Couso (PB/98), o que se expón ó público na secretaría do concello, polo prazo de 8 días hábiles, para que

poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

Asemade, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato, mediante concurso e polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 11.700.000 pesetas.

Fianza provisional: 234.000 pesetas.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Plicas: durante 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Apertura de plicas: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte (excepto sábados), a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas.

Información: secretaría do concello, das 9 ás 14 horas, teléfono: 988 46 50 01 e fax: 988 44 60 48. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Sandiás, 3 de agosto de 1998.

O alcalde en funcións

Rubricado

7556