Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: a contratación ordinaria por este concello das obras denominadas: accesos de Galteiros a Fraemelle-Aveal-A Graña (San Fiz de Monfero), incluídas no programa PIEL do FCL-1998.

Tipo de licitación: 6.781.107 ptas.

Prazo de execución: seis meses.

Garantía provisional: 135.622 ptas.

Garantía definitiva: 271.244 ptas.

Proposicións: presentaranse no rexistro de entrada do concello, en horario das 9 h ás 13 h., durante o prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de condicións e consonte o modelo de proposición anexo á este.

Apertura de plicas: na Casa do Concello, ás 14 horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás sábado.

Anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Información: no Concello de Monfero. Teléfono: 981 79 38 85.

Monfero, 17 de xullo de 1998.

Andrés Feal Varela

Alcalde

7555