Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: adquisición de dous camións de recollida de lixo. Prazo da subministración: 60 días.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 40.159.408 ptas., IVE, matriculación e demais impostos incluídos.

5. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, Pza. do Corgo 1, 36980 O Grove (Pontevedra). Tfno./fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, de 9 a 14 horas.

-Documentación: a establecida na cláusula 9 do prego de condicións.

-Lugar de presentación: o rexistro xeral do concello.

-Prazo da obriga de mante-la súa oferta: 3 meses.

-Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base 11 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 4º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, polo prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, aprazándose aquela se se producen reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 20 de xullo de 1998.

José Antonio Galiñanes Mascato

Alcalde