Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos novos estatutos da Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, ás 12 horas do día 21 de xullo de 1998, foron depositados a acta de modificación e os novos estatutos da Confederación de Empresarios de A Coruña (CEG).

A súa modificación consiste no artigo 15.

Asinan a acta de modificación e os novos estatutos: Eugenio Geijo Carril (secretario) e José Freire Vázquez (presidente).

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 21 de xullo de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

7560