Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 268 e 269/1998.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándolles que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de parzo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 13 de xullo de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Expte. nºActa nºTitularNIF/DNIEnderezoMateriaFecha Res.Sanción

268/19981823/1997Conjuntos Residenciales, S.A.A-15165293Avda. Sta. Cristina, 16-18, Perillo, Oleiros (A Coruña)S.H.23-6-1998250.100 ptas.
269/1998122/1998 (II)Conjuntos Residenciales, S.A.A-15165293Avda. Sta. Cristina, 16-18, Perillo, Oleiros (A Coruña)S.H.23-6-1998300.000 ptas.

7476