Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/162-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidromedia de Galicia.

Enderezo social: Avda. Habana, 24, entreplanta, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. de Central Hidroeléctrica de Cabo.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, de 5.960 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, de 980 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio previo á derivación ó C.T. Trovisca ata a Central Hidroeléctrica de Cabo, concello da Cañiza.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 3 de agosto de 1998.

P.A.

Rafael Rubio Maquieira

Secretario provindial de Pontevedra

7259