Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga o permiso de investigación Porto, número 2755.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que, con data 10 de xuño de 1998, se outorgou o permiso de investigación Porto nº 2755, de 8 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Tui e O Porriño, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 23 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7559