Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 25 de xuño de 1998 pola que se anuncia concurso público de alleamento de parcelas propiedade do dito organismo no polígono de Esteiro e no de Caranza en Ferrol.

Advertidos erros no texto da devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 129, do martes 7 de xullo de 1998, cómpre efectua-las oportunas correccións:

Na páxina 7.684, referida ó obxecto do concurso, onde di: «... para o seu destino preceptivo e exclusivo á construcción de vivendas de protección oficial de réxime xeral, e libres a prezo taxado», debe dicir: «... para o seu destino preceptivo e exclusivo á construcción de vivendas cualificadas de protección oficial e outras vivendas con protección pública cualificadas ou declaradas como protexidas segundo a normativa propia da Comunidade Autónoma».

Na mesma páxina número 7.684, onde di: «Polígono de Esteiro», debe dicir: «Polígono de Esteiro e Caranza».

7213