Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, sobre a delimitación do perímetro de protección dos aproveitamentos de auga minero-medicinal que se realiza pola sociedade Balneario Hotel Acuña, S.A. e herdeiros de David Legerén, titulares respectivos dos balnearios Acuña e Davila de Caldas de Reis, desta provincia.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, en aplicación do que sinala o artigo 13 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, pon en coñecemento de todos aqueles que se consideren interesados, que os titulares dos balnearios Acuña e Davila de Caldas de Reis, presentaron o 1-12-1997 solicitude dun perímetro de protección de restriccións medias para cubri-la zona de influencia de todo o acuífero do que se abastecen os mananciais de augas minero-medicinais co que se serven os tratamentos de baños e outros, dos dous balnearios de Caldas de Reis.

O recoñecemento histórico dos balnearios, do aproveitamento da auga minero-medicinal e a súa decla

ración de utilidade pública reflícten e despréndese do réxime previsto no estatuto de explotación de mananciais de augas minero-medicinais de 1928. Como abondamento do anterior, a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia logo de informe favorable da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, aprobou a inscrición destes dous balnearios no Rexistro de Balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia con data do 9-12-1997.

O perímetro de protección de restriccións medias proposto polos interesados segundo o estudio xustificativo que aportan e que informe favorablemente con data do 21-5-1998 o Instituto Tecnolóxico e Xeomineiro de España é o seguinte:

VérticesCoordenadas xeográficas

Lonxitude (W)Latitude (N)

18º 37' 44'' 1042º 37' 19'' 79

28º 39' 11'' 8342º 37' 19'' 79

38º 39' 11'' 8342º 35' 10'' 11

48º 37' 44'' 1042º 35' 10'' 11

O que se fai público para que todo aquel que se considere interesado poida realiza-las alegacións oportunas no prazo de 15 días contado a partir do día seguinte a esta publicación.

Pontevedra, 30 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6983