Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de xullo de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido practicar (PO-01303-O-97 e tres máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 15 de xullo de 1998.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00050-O-98

PO-6026-AZ

G.C. Tráfico

H F Dist. y Publicaciones, S.L.

Mestre Chané, 4-4

36206 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando paquetería carecendo da correspondente tarxeta de transporte, servicio privado, vehículo lixeiro.

20-1-1998; 3.00.06; A-9; 137,500

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/199015.000 ptas.
PO-01303-O-97

MA-2322-V

G.C. Tráfico

Emp. M. García, S.A.

Pontevedra, 8

36201 Vigo (Pontevedra)

Circular realizando transporte regular de viaxeiros, carecendo da autorización administrativa. Servicio público.

24-11-1997; 9.20; N-552; 3

Art. 199.b) do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/19905.000

ptas.

PO-01326-O-97

PO-7429-AF

G.C. Tráfico

Gilviex, S.L.

María Berdiales, 18

36203 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando grava miúda un vehículo articulado, carecendo de autorización administrativa. Servicio público.

27-10-1997; 19.40; PO-410; 5

Art. 199.b) do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/19905.000

ptas.

PO-01461-O-97

OR-7601-I

G.C. Tráfico

Murrrey; S.A. (sucursal de Ourense)

Avda. de Santiago, 117

321 Ourense

Realizar transporte (inmobiliarios de baño) carecendo de autorización administrativa. Servicio privado, vehículo lixeiro.

5-12-1997; 17.45; N-550; 142

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/199025.000 ptas.

7120