Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.266

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 233/1998, do 30 de xullo, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais de Coristanco, Culleredo, Mugardos, Monterroso, Sober e Monterrei.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu apartado tres establece que: «o Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes».

Tendo en conta as solicitudes de cesión de uso presentadas, así como o informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 21 de xuño de 1996, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de xullo de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

1. Urbano. Edificio de planta baixa e alta, situado no lugar de San Roque, parroquia de Traba, hoxe Avda. de Erbecedo nº 2, municipio de Coristanco (A Coruña), cunha superficie de ocupación de 118 m por planta, asentada sobre un terreo de 207 m aproximadamente. Estrema: norte, estrada de San Roque a Ramil, tamén chamada de Erbecedo ou de Rus; sur, herdeiros de José Rey; leste, estrada da Coruña a Fisterra, C-552; e oeste, José Antonio Mira Remuiñán.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 1051, libro 117, folio 191, predio nº 12.624, inscrición 1ª.

2. Urbano. Edificio de planta baixa e piso, situado no lugar de Tarrío, municipio de Culleredo (A Coruña), cunha superficie total de 296 m, repartidos en 140 m en planta baixa e 156 m en planta alta. O edificio foi construído sobre un terreo que ten unha superficie de 474,39 m. Estrema: norte, con predio de Argelia-Matilde Arcas Penas, antes camiño de Tarrío a Culleredo; sur, camiño de Sésamo a Culleredo, hoxe coñecido como estrada da Feira de Peiro; leste, predio que foi de Dolores Saldaña, hoxe Concello de Culleredo; e oeste, horta dos señores de Fort.

3. Urbano. Soar no sitio de Silveiro, parroquia de Franza, municipio de Mugardos (A Coruña), dunha superficie aproximada de dous ferrados e medio ou 1.370 m. Sobre esta parcela construíuse un edificio de planta baixa de 150 m aproximadamente, dedicado a almacén e oficinas. Estrema o conxunto: norte, Camiño dos Olmos; sur, estrada de Mugardos a Cabanas; leste, Antonio Vara Carpente; e oeste, Ricardo Vizoso Cancela.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no tomo 364, libro 45, folio 250, predio nº 5.387, inscrición 2ª.

4. Urbano. Edificio de planta baixa e alta, que ocupa 220 m dun soar de 240 m, resultado de 12 m de fronte por 20 de fondo, no lugar de Arcas, municipio de Monterroso (Lugo). Estrema: norte, Jesús Bargados; sur por onde ten a súa fronte, terreo de 12 m de largo destinado a rúa pública; leste e oeste, Antonio Sabariz García.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada no tomo 671, libro 77, folio 29, predio nº 10.926, inscrición 1ª.

5. Urbano. Edificio que consta de baixo e unha planta, duns 122 m, situado na Praza do Concello, nº 2, da vila e Concello de Sober (Lugo). Estrema: norte, soar propiedade da extinta Cámara Agraria Local de Sober, hoxe Comunidade Autónoma de Galicia; sur e leste, vía pública; e oeste, propiedade do matrimonio José Fernández Pérez e Nieves Rivero Pérez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 600, libro 89, folio 161, predio nº 7.952, inscrición 2ª.

6. Urbano. Soar de 283 m, na Praza do Concello de Sober (Lugo), que ten edificado na súa parte norte un alboio duns 42 m destinado a laboratorio veterinario. Estrema: norte, José Luis Corral Rivas; sur, edificio propiedade da extinta Cámara Agraria Local de Sober, hoxe Comunidade Autónoma de Galicia; leste vía pública; e oeste, propiedade do matrimonio José Fernández Pérez e Nieves Romero Pérez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 600, libro 89, folio 162, predio nº 7.953, inscrición 2ª.

7. Urbano. Edificio de planta baixa e alta, que se asenta sobre un predio de 520 m, do que ocupa 50 m, no lugar chamado O Ranto, no sitio de Vilaza, termo municipal de Monterrei (Ourense). Estrema: norte, Mariano Feijoo; sur, Mariano Sandoval; leste, río; e oeste, estrada de Vilaza a Albarellos.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Verín no tomo 580, libro 113, folio 64, predio nº 14.233.

Artigo 2º.-Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7604