Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.261

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 31 de xullo de 1998 pola que se establecen as actuacións para o control da calidade do leite cru de vaca producido, tratado, ou transformado na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Directiva 92/46/CEE do Consello, do 16 de xuño de 1992, establece as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización de leite cru, leite tratado termicamente e productos lácteos, prevéndose o cumprimento gradual das ditas normas, que foron incorporadas ó dereito interno do estado Español mediante o Real decreto 1679/1994, do 22 de xullo, modificado polo Real decreto 402/1996, do 1 de marzo.

No marco das normas citadas a presente orde establece, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, as actuacións para levar a cabo para o control da calidade do leite en relación cos aspectos sanitarios das vacas, de hixiene da explotación gandeira, da producción de leite en xeral e da muxidura en particular, co fin de que o leite cru de vaca que se destine á elaboración de productos lácteos ou do leite de consumo tratado termicamente cumpra as condicións establecidas no Real decreto 1679/1994.

Por tanto, con base no exposto e no uso das competencias que me confiere a Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto establece-las actuacións que deberán realizarse para que o leite cru de vaca que se destine á elaboración de productos lácteos ou de leite de consumo tratado térmicamente cumpra as condicións establecidas no Real decreto 1679/1994.

Artigo 2º.-Ámbito da aplicación.

A presente orde será de aplicación:

a) Ás explotacións de producción de leite de vaca situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ós establecementos que traten e/ou transformen leite cru de vaca procedente de explotacións situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Ós establecementos que traten e/ou transformen leite cru de vaca procedente de explotacións situadas fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Ós primeros compradores que adquiran leite cru de vaca a productores situados en Galicia para a súa entrega a establecementos de tratamento e/ou transformación.

e) Ós primeros compradores que adquiran leite cru de vaca a productores situados fóra de Galicia para a súa entrega a establecementos de tratamento e/ou transformación situados en Galicia.

Artigo 3º.-Definicións.

Para efectos da presente orde enténdese por:

1. Leite cru de vaca: o leite producido pola secreción da glándula mamaria das vacas, que non fora quentado a unha temperatura superior a 40º C nin sometido a un tratamento de efecto equivalente.

2. Leite destinado á elaboración de productos lácteos : o leite cru destinado á transformación, o leite líquido ou conxelado, obtido a partir de leite cru, que sufrira ou non algún tratamento físico autorizado (como, por exemplo, un tratamento térmico o unha terminación) e que a súa composición fora modificada ou non, sempre e cando as modificacións se limiten á adición e/ou á substracción de compoñentes naturais do leite.

3. Leite de consumo tratado termicamente: o leite de consumo destinado á venda ó consumidor final e ás colectividades, obtido mediante tratamento térmico e que se presente na forma de leite pasteurizado, leite pasteurizado sometido a alta pasterización, leite esterilizado e leite UHT, ou ben, o leite pasteurizado para a súa venda a granel por petición do consumidor individual.

4. Productos lácteos: os productos con base de leite, é dicir, os derivados exclusivamente do leite, tendo en conta que se poden engadir substancias necesarias para a súa elaboración, sempre e cando estas substancias non se utilicen para substituír total ou parcialmente algún dos compoñentes do leite e os productos compostos de leite, nos que o leite ou un producto lácteo é a parte esencial, xa sexa pola súa cantidade ou polo efecto que caracteriza os ditos productos nos que ningún elemento substitúe nin tende a substituír a ningún compoñente do leite.

5. Explotación de producción: establecemento no que se encontran unha ou máis vacas destinadas á producción de leite.

6. Establecemento de tratamento: establecemento no que se trate termicamente o leite e que estea rexistrado no Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos e no Rexistro de Industrias Agrarias.

7. Establecemento de transformación: establecemento e/ou explotación de producción nos que se proceda ó tratamento, á transformación e ó envasado de leite e de productos lácteos, que estea rexistrado no Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos e no de Industrias Agrarias, ou no de explotacións agrarias elaboradoras de productos lácteos tradicionais.

8. Primeiro comprador: persoa física ou xurídica que adquira leite cru de vaca ós productores para tratalo, transformalo ou, se é o caso, para cedelo a un ou varios establecementos de tratamento e/ou transformación.

9. Explotación agraria elaboradora de productos lácteos tradicionais: conxunto de bens e dereitos organizados polo seu titular para a producción de leite cru de vaca e para a elaboración, a partir del, de productos lácteos tradicionais nunha cuantía media anual máxima equivalente a 20 kg por día.

10. Producto lácteo tradicional: producto con base de leite cru de vaca, con adición de substancias necesarias para a súa elaboración, sempre e cando estas substancias non se utilicen para substituír, total ou parcialmente, algún dos compoñentes do leite, elaborados en explotacións agrarias de productos lácteos tradicionais.

Artigo 4º.-Requisitos que deberá cumpri-lo leite cru de vaca.

O leite cru de vaca destinado á elaboración de productos lácteos ou de leite de consumo tratado termicamente deberá cumpri-los seguintes requisitos:

a) Proceder de animais e de explotacións controladas con regularidade polo órgano competente en materia de sanidade e producción animal da Comunidade Autónoma na que estea situada a explotación de producción.

b) Axustarse ás normas de calidade fixadas no capítulo IV do anexo A do Real decreto 1679/1994.

c) Cumpri-las condicións de sanidade animal establecidas no capítulo I do anexo A do citado real decreto.

Non obstante cando o leite cru proceda de animais saos pertencentes a explotacións de producción que non sexan oficialmente indemnes de tuberculose o indemnes ou oficialmente indemnes de brucelose, só poderá utilizarse para a elaboración de leite tratado temicamente ou de productos lácteos tras someterse a un tratamento térmico, baixo o control da autoridade competente.

d) Proceder de explotacións que cumpran as condicións de hixiene establecidas nos capítulos II e III do anexo A do mencionado real decreto.

Artigo 5º.-Control nas explotacións de producción:

1. A Dirección Xeral de Producción Agropecuaria será o órgano competente para efectua-las actuacións de control fixadas nos artigos 13 e 15 do Real decreto 1679/1994, relativos respectivamente á sanidade dos animais e hixiene das explotacións e ós plans de busca dos residuos no leite e os productos lácteos, no que respecta ás explotacións de producción situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto a execución deses controis corresponderá ós servicios provinciais de sanidade e producción animal.

2. Os controis veterinarios periódicos dos animais das explotacións que se efectúen para verifica-lo cumprimento dos requisitos do capítulo I do anexo A do devandito real decreto, poderán levarse a cabo

no momento de realiza-las campañas de saneamento gandeiro ou con motivo doutras actuacións de obrigado cumprimento.

Cando existan sospeitas fundadas de que non se respectan os mencionados requisitos, o Servicio de Producción de Sanidade e Producción Animal comprobará o estado xeral de saúde dos animais leiteiros e, cando resulte necesario, ordenará un exame complementario deles.

3. As explotacións de producción serán sometidas a controis periódicos que permitan determinar se cumpren os requisitos de hixiene. A periodicidade destes controis estará en función dos riscos que presente a explotación de producción de que se trate.

4. O plan de busca de residuos no leite cru de vaca realizarase nas explotacións de producción de acordo coa normativa establecida no Plan nacional de investigación de residuos nos animais e carnes frescas.

5. Se, como consecuencia dos controis mencionados nos apartados 2 e 3 do presente artigo, se acredita o incumprimento dos requisitos de sanidade animal ou de hixiene das explotacións establecidos na lexislación vixente, darase conta inmediata ó delegado provincial para que se adopten as medidas oportunas.

Artigo 6º.-Obriga dos establecementos de tratamento e/ou de transformación e dos primeiros compradores no que respecta ó control de calidade de leite cru.

1. Os establecementos de tratamento e/ou de transformación de cada as súas instalacións estean situadas en Galicia, que reciban leite cru de vaca e os primeiros compradores que recollan leite cru de vaca en explotacións situadas en Galicia, deberán:

a) Levar unha contabilidade diaria da cantidade de leite cru de vaca que reciben de cada explotación de producción recollida e de cada primeiro comprador, se é o caso.

b) Adopta-las medidas oportunas para tomar unha mostra representativa de leite cru de vaca no momento da recollida na explotación de producción, así como para a remisión das mostras a un laboratorio interprofesional lácteo, co fin de que en cada mostra sexan determinados por este, no prazo máximo de tres días desde a data en que se efectuou a toma, os siguientes parámetros de calidade:

-Punto de conxelación.

-Contido de xermes a 30 º C (por ml).

-Contido de células somáticas (por ml).

-Contido de residuos.

En cada explotación de producción deberán tomarse tódolos meses polo menos dúas mostras de leite cru. A toma de mostras efectuarase conforme ó anexo I da presente orde.

c) Determinar, directamente ou coa intervención do laboratorio interprofesional lácteo, os parámetros de calidade do leite cru recollido en cada explotación de producción con base nos resultados analíticos determinados polo laboratorio interprofesional lácteo.

Para estes efectos a determinación dos parámetros de calidade realizarase da forma seguiente:

-Punto de conxelación: ou valor que figure para este parámetro no boletín de análises correspondente a cada mostra.

-Contido de xermes a 30 º C (por ml). O resultado da media xeométrica do número de xermes que figuren nos boletíns de análises correspondentes ás mostras tomadas na explotación durante dous meses consecutivos. Para a determinación deste parámetro deberán analizarse como mínimo dúas mostras ó mes de cada explotación.

-Contido en células somáticas (por ml). O resultado da media xeométrica do número de células somáticas que figuren nos boletíns de análises correspondentes ás mostras tomadas na explotación durante tres meses consecutivos. Para a determinación deste parámetro analizarase como mínimo unha mostra ó mes de cada explotación.

-Contido de residuos: o valor que figure para este parámetro no boletín de análises correspondente a cada mostra.

Considerarase que o leite cru de vaca non cumpre os parámetros de calidade cando estes, unha vez determinados conforme o disposto no presente apartado, superen os seguintes límites:

-Punto de conxelación >-0.520 ºC.

-Contido de xermes a 30º C (por ml) > 100.000.

-Contido de células somáticas (por ml) > 400.000.

-Contido de residuos: cando o contido de residuos de substancias farmacoloxicamente activas supere os niveis autorizados.

d) Comunicar ós servicios provinciais de Sanidade e Producción Animal das provincias onde estean as explotacións de producción que non cumpren algún dos parámetros de calidade descritos na letra c) do apartado 1 do presente artigo, indicando o nome e apelidos ou razón social e domicilio do titular da explotación, así como o parámetro incumprido. Coa citada comunicación deberase achega-la a documentación correspondente ós resultados que serviron de base para determinar o incumprimento.

Cando a explotación de producción non estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia, a comunicación anteriormente descrita deberá remitirse ó órgano competente en materia de sanidade e producción animal da Comunidade Autónoma do ámbito territorial onde estea situada a explotación.

A comunicación anterior realizarase nos seguintes prazos:

1. O incumprimento do punto de conxelación e/ou do contido de residuos, nas 48 horas seguintes á data de recepción dos resultados das análises correspondentes á mostra na que se detectara este.

2. O incumprimento dos parámetros de calidade de xermes e/ou células somáticas, nos primeiros quince días de cada mes.

e) Comunicar ós titulares das explotacións de producción, directamente ou a través do Laboratorio Interprofesional Lácteo, a detección de cualquera incumprimento dos parámetros de calidade, e nos mesmos prazos que se establecen na letra d) anterior, achegando a documentación correspondente ás análises que serviron para determina-lo incumprimento.

f) Comunicar posteriormente ós servicios provinciais de Sanidade e Producción Animal se as explotacións ás que se lles notificou o incumprimento dalgún parámetro de calidade, excepto o correspondente ó contido de residuos, persisten ou non no incumprimento notificado. A dita comunicación realizarana nun prazo comprendido entre los 90 e os 100 días naturais contados a partir da data en que se notificou tal circunstancia á explotación de producción.

Cando a explotación de producción non estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia, a comunicación anteriormente descrita enviarase ó órgano competente en materia de sanidade e producción animal da Comunidade Autónoma no ámbito territorial en que estea situada a explotación.

Coa citada comunicación achegarase documentación correspondente ós resultados analíticos que serviron para determinar se o leite cru producido na explotación persiste ou non no incumprimento do parámetro de calidade.

g) Requirir dos titulares das explotacións de producción que entreguen por primeira vez leite cru a un establecemento ou primeiro comprador e previamente á recepción del, a documentación xustificativa de que o leite cru producido na explotación non supera, no momento da súa recolla, os límites establecidos para os parámetros de calidade no terceiro parágrafo da letra c) do apartado 1 do artigo 6º.

Así mesmo deberán requiri-la documentación xustificativa anteriormente descrita ós titulares das explotacións que, para efectos da entrega do leite cru de vaca, cambien de establecemento.

A dita documentación poderá ser remitida por un laboratorio interprofesional lácteo ou polo último establecemento ó que o titular da explotación viña entregando o leite cru.

2. No caso de explotacións agrarias elaboradoras de productos lácteos tradicionais:

a) Estas explotacións levarán unha contabilidade diaria do leite producido e transformado.

b) Adoptarán as medidas necesarias, en colaboración co laboratorio interprofesional, para a remisión a este dunha mostra representativa do leite cru de vaca no momento previo ó inicio do tratamento ou transformación, co fin de que en cada mostra sexan determinados polo dito laboratorio, no prazo máximo de tres días desde a data en que se efectuou a toma, os seguintes parámetros de calidade:

- Punto de conxelación.

-Contido de xermes a 30 º C. (por ml).

-Contido de células somáticas (por ml).

-Contido de residuos.

En cada explotación deste tipo tomaranse tódolos meses polo menos dúas mostras de leite cru, de acordo co especificado no anexo I.

c) O laboratorio interprofesional lácteo determinará os parámetros de calidade de acordo co especificado na letra c) do apartado 1 deste artigo.

d) O laboratorio interprofesional lácteo, salvo indicación expresa en contra do titular da explotación, será o responsable de comunicar ós servicios provinciais de Sanidade e Producción Animal das provincias en que estean situadas as explotacións de producción os incumprimentos dos parámetros de calidade descritos na letra c) do apartado 1 deste artigo, nos prazos e coa información complementaria indicada na letra d) do apartado 1 citado.

e) O laboratorio interprofesional lácteo deberá efectuar tamén as comunicacións previstas na letra e) del apartado 1 deste artigo e na letra f) del, salvo indicación expresa en contra do titular da explotación.

3. Os establecementos de tratamento e/ou de transformación coas súas instalacións situadas fóra de Galicia que directamente, ou a través de primeiros compradores, reciban leite cru de vaca das explotacións de producción situadas en Galicia, realizarán tódalas actuacións descritas no apartado 1 do presente artigo que afecten as explotacións de producción situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 7º.-Prohibición de comercializa-lo leite cru de vaca que non cumpra os parámetros de calidade.

1. Os servicios provinciais de Sanidade e Producción Animal, unha vez que teñan coñecemento das explotacións de producción que incumpren algún dos parámetros de calidade establecidos na letra c), apartado 1 do artigo 6º, realizarán as seguintes actuacións:

a) Se o incumprimento detectado no leite cru se refire o contido de residuos, o xefe de Servicio Provincial de Sanidade e Producción Animal, coa maior celeridade posible, realizará as verificacións oportunas, e remitirá ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, xunto coa documentación acreditativa pertinente, a

proposta de lle prohibir temporalmente ó titular da explotación afectada a comercialización do leite cru destinado ó consumo humano directo e á elaboración de productos lácteos ou de leite tratado termicamente, ata que se comprobe que o leite cru producido na explotación non supere o límite máximo de residuos admitido. O delegado provincial dictará de forma inmediata a resolución que proceda.

b) Se o incumprimento detectado no leite cru producido na explotación se refire ó punto de conxelación ou ó contido de xermes ou de células somáticas, o xefe provincial de Sanidade e Producción Animal, coa maior celeridade posible, comunicara lle ó titular da explotación afectada que se transcorridos 3 meses a partir da recepción desa notificación, o leite cru que produza na súa explotación non cumpre os parámetros de calidade establecidos, elevarase proposta de prohibición de comercialización temporal do leite cru para o consumo humano directo, para a elaboración de productos lácteos ou de leite de consumo tratado termicamente ata que cumpra de novo os parámetros de calidade. Recibida a proposta, o delegado provincial adoptará de forma inmediata a resolución que proceda.

c) Contra as devanditas resolucións do delegado provincial poderán interpoñe-los interesados recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

2. Se é o caso, remitirase copia da resolución do delegado pola que lle prohibe temporalmente ó titular da explotación a comercialización do leite cru, á parte do propio titular, ó primeiro comprador, establecemento de tratamento e/ou transformación que detectara o incumprimento dos parámetros de calidade no leite recollido na explotación, e mais ó órgano competente en materia de industrias agrarias do ámbito territorial onde estea situado o establecemento.

3. Con independencia das prohibicións expresas de comercialización temporal de leite cru establecidas no apartado 1 do presente artigo, non se destinará leite cru de vaca para consumo humano directo, nin para a elaboración de productos lácteos nin de leite de consumo tratado termicamente, se non reúne os requisitos establecidos no Real decreto 1679/1994.

Artigo 8º.-Control dos establecementos e dos primeros compradores.

A Dirección Xeral de Industrias e Alimentación é o órgano competente para comprobar que os primeiros compradores e os establecementos de tratamento e/ou de transformación situados en Galicia cumpren o disposto na presente orde.

Para estes efectos, a Dirección Xeral de Industrias Agrarias e Alimentación, a través dos servicios provinciais de Industrias Agroalimentarias, realizará nos primeiros compradores e nos establecementos

de tratamento e/ou transformación os controis pertinentes para comprobar:

a) Que levan a contabilidade diaria recollida na letra a) do apartado 1 do artigo 6º da presente orde.

b) Que dispoñen dos resultados analíticos obtidos polo laboratorio interprofesional lácteo e que se determinaron os parámetros de calidade correspondentes ás mostras de leite tomadas nas explotacións de producción de acordo co indicado na letra c) do apartado 1 do artigo 6º da presente orde correspondentes ós últimos doce meses.

c) Que remitiron ós servicios provinciais de Sanidade e Producción Animal as comunicacións establecidas nas letras d) e f) do apartado 1, do artigo 6º da presente orde.

d) Que remitiron ós titulares de explotacións de producción a comunicación a que se refiere a letra e) del apartado 1 del citado artigo 6º.

e) Que o establecemento ou primeiro comprador non recibe leite cru daquelas explotacións que conforme o establecido no artigo 7º, teñen prohibida a súa comercialización temporal da mesma, salvo que se comprobe pola documentación que achegue establecemento, que o leite procedente da explotación afectada xa cumpre os parámetros de calidade.

f) Que o establecemento ou primeiro comprador dispón, se é o caso, da documentación a que se refire a letra g) do apartado 1 do artigo 6º.

Artigo 9º.-Falsidade dos datos.

A falsidade dos datos consignados nas comunicacións ou na documentación achegada ós órganos competentes polos primeiros compradores, establecementos de tratamento e/ou de transformación, e o incumprimento do establecido na presente orde será sancionado de conformidade coa normativa vixente logo da instrucción do oportuno expediente administrativo, sen prexuízo das responsabilidades civís, penais ou doutra orde que puideran concorrer.

Artigo 10º.-Sancións.

As infraccións que se cometan por incumprimento do disposto na presente orde e no Real decreto 1679/1994, do 22 de xullo, darán lugar á imposición das sancións establecidas na Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e no Real decreto 1945/83, do 22 de xuño polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Artigo 11º.-Normas supletorias.

En tódalas cuestións non reguladas de forma expresa por esta orde será de aplicación o que prevé o Real decreto 1679/1994, do 22 de xullo, polo que se establecen as condicións sanitarias aplicables á producción e comercialización de leite cru, leite tratado termicamente e productos lácteos e a súa modificación recollida no Real decreto 402/1996, do 1 de marzo.

Disposición transitoria

A comunicación establecida no 2º guión do parágrafo 3 da letra d) do apartado 1 do artigo 6º, realizarase por primeira vez antes do 15 de novembro de 1998.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase os directores xerais de Producción Agropecuaria e de Industrias e Alimentación para dictar cantas resolucións sexan necesarias para a aplicación da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela 31 de xullo de 1998.

Castor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

ANEXO

Toma de mostras de leite en cru en explotacións de producción.

A toma de mostras de leite cru nas explotacións de producción realizarase de acordo co seguinte protocolo:

1. A toma de mostras realizarase de forma aleatoria e imprevista, directamente do tanque de refrixeración de leite ou do depósito de almacenamento na explotación gandeira.

2. A toma de mostras efectuarase por operarios cualificados que recibiran unha formación adecuada para este fin.

3. O leite contido no tanque de refrixeración será homoxeneizado por axitación, por medio dun mecanismo que garanta que non se alteran as súas propiedades.

4. Os recipientes utilizados para a toma de mostras serán os proporcionados polo laboratorio interprofesional correspondente; o uso de calquera outro recipiente será autorizado por el.

Se o frasco non é estéril engadirase á mostra un producto bacteriostático que garanta que no tempo transcorrido desde a recolla da mostra ata a análise dela, non hai unha multiplicación importante de bacterias.

Os axitadores e caciños serán de aceiro inoxidable e despois da súa utilización limparanse e desinfectaranse.

5. O recipiente que conteña a mostra será debidamente etiquetado para garantir que a súa identificación é inequívoca. O laboratorio interprofesional establecerá o sistema de identificación de mostras e proporcionará ás explotacións as etiquetas de identificación correspondentes.

6. As mostras conservaranse en todo momento a unha temperatura inferior a 6º C e protexidas da luz, para o que se introducirán nunha neveira nada máis seren recollidas a mostra e ata o seu traslado ó laboratorio interprofesional lácteo no que se realizarán as análises correspondentes antes de que transcorran tres días desde a recolla.

7602