Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA

ANUNCIO.

Con data do 16 de xuño de 1998 o Plenario Municipal aprobou o prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras que se sinalan no presente anuncio e que se expoñen ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da súa publicación no BOP, para os efectos de presentación de reclamacións. Igualmente, anúnciase a licitación das mesmas obras, mediante concurso polo trámite de urxencia, podendo presentarse as ofertas na secretaría do concello durante o prazo de 13 días contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP, prazo que se interromperá en caso de presentación de alegacións contra o prego de cláusulas administrativas.

Obras que se anuncian (título, plan, orzamento).

1. Saneamento en Casar de María e Río. (PIEL-98). 9.106.032 pesetas.

2. Abastecemento e saneamento en Mandrás, Vilaseco e Ponte-Mandrás (plans provinciais). 17.300.400 pesetas.

3. Abastecemento e saneamento en Río, Mandrás e outros (plans provinciais). 13.400.000 pesetas.

Fianza provisional: 2% do orzamento da obra. Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terceiro día hábil (excepto sábados) posterior ó remate do prazo de presentación de ofertas.

Información e documentación: secretaría do concello, das 9 ás 14 horas. Teléfono-fax: 988 28 20 00.

San Cristovo de Cea, 23 de xullo de 1998.

O alcalde-presidente

Rubricado

7541