Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS RIBEIRA SACRA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Mancomunidade da Ribeira Sacra.

2. Obxecto do contrato: a elaboración ou redacción dos proxectos técnicos necesarios para a execución das obras incluídas no proxecto Siglos de Arquitectura, Artesanía y Cultura sin Barreras, aprobado pola Dirección Xeral de Análise e Programación Orzamentaria do Mto. de Economía e Facenda e no marco da iniciativa comunitaria Empleo-Horizón e con cargo a fondos FEDER.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo licitación: 3.543.500 ptas. 5. Garantía provisional: 70.780 ptas. Definitiva: 141.560 ptas.

6. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se require.

7. Data límite de presentación de proposicións: ós 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP), das 9 ás 14 horas de luns a venres no Rexistro Xeral da Mancomunidade ou da forma sinalada na cláusula 11.1º do prego de condicións.

8. Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de tres sobres pechados, A, B, e C, denominados de «Documentación xeral», «Proposición económica» e «Documentación específica» para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula XI dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: na Mancomunidade da Ribeira Sacra ás 13 horas do 3º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considérase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Modelo de proposición: contido nos pregos de condicións, así como no anuncio do BOP de Ourense, onde consta maior información.

Montederramo, 23 de xullo de 1998.

O presidente da Mancomunidade Ribeira Sacra

Rubricado