Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Luns, 10 de agosto de 1998 Páx. 9.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

Unha vez presentado polo equipo redactor neste concello o texto refundido do Plano Especial do Núcleo Histórico de Ribadavia, e tendo en conta o acordo acadado no Pleno, na súa sesión extraordinaria urxente, con data do 23 de xullo pasado, acórdase expoñer ó público o devandito PERI durante o prazo dun mes contado a partir do derradeiro anuncio publicado no BOP ou no DOG; durante o dito prazo as persoas interesadas poderán analiza-lo seu contido comparecendo nas dependencias municipais para así presentaren as alegacións que coiden oportunas.

Ribadavia, 29 de xullo de 1998.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde

7542