Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO do estudio de detalle para a reordenación de volumes nas parcelas A1 e A2 do plan parcial da unidade de execución 14-1 do PXOU na Parda.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de xullo do 1998, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Montes Lar, Obras y Construcciones, S.L. e redactado polo arquitecto Arturo Dapena Barros, con visado colexial do 5-3-1998, así coma a docu

mentación anexa ó citado estudio, con data de entrada do 12-5-1998, redactada polo mesmo arquitecto coa finalidade de reordena-los volumes nas parcelas A-1 e A-2 da unidade de execución 14-1 do PXOU na Parda, téndose que presentar durante a fase de información pública do procedemento un documento refundido do estudio de detalle e anexo reformado, e dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera interesado poderá examina-lo expediente na Unidade Municipal de Fomento (rúa dona Teresa), e formula-las alegacións que estime procedentes.

Pontevedra, 13 de xullo de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

7004