Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 29 de xuño de 1998, acordou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a modificación puntual das normas subsidiarias de Ribadavia para a promoción do parque empresarial.

Segundo.-Proceder á publicación da aprobación definitiva no DOG e o texto íntegro da normativa no BOP, en cumprimento do disposto no artigo 48/2ª da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o acordo que se publica poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso) no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, logo da comunicación a esta Administración pública.

Ribadavia, 14 de xullo de 1998.

Jaime Dávila Sánchez

Alcalde

7470