Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1998 pola que se publica a contratación do mantemento dos sistemas de calefacción por auga quente, correspondente a grupos escolares e dependencias municipais, tempada invernal 1998-1999.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mantemento dos sistemas de calefacción por auga quente, correspondente a grupos escolares e dependencias municipais, tempada invernal 1998-1999.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello.

c) Duración do contrato: a prestación do servicio iniciarase o día 1 de outubro de 1998 manténdose ininterrompidamente ata o día 30 de abril de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 2.162.240 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

a) Provisioinal: 43.245 ptas.

b) Definitiva: 86.490 ptas.

6. Obtención de documentos e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas.

Pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns hábil seguinte ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

Pontevedra, 24 de xuño de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

7247