Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, do día 6 de xullo de 1998, o prego de cláusulas administrativas que rexerán na poxa, con procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación das obras incluídas no PIEL/98 de pavimentación e instalación de redes de abastecemento e saneamento en Cruz de Maceira-Combarro, exponse ó público durante o prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que se poidan presentar alegacións.

Asemade anúnciase a poxa, aprazándose a licitación se se prodecen reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Poio.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: a contratación das obras citadas.

b) Duración: o contrato terá unha duración de seis meses.

3. Tipo de licitación: 11.809.999 pesetas.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

5. Garantías:

a) Provisonal: 2% do tipo.

b) Definitiva: 4%.

6. Información para a obtención de documentación:

a) Entidade: Concello de Poio. Servicio de Contratación. Domicilio: Praza do Mosteiro, 1. Poio 36995. Teléfono: 986 77 00 38. Fax: 986 77 12 77.

b) Data límite de obtención de documentos e información: día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Poio, das 9 ás 14 horas.

8. Apertura de ofertas:

Pola mesa de contratación, ás 13.30 horas do día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, que non cadre en sábado.

9. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Poio, 8 de xullo de 1998.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde

6994