Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998 pola que se anuncia a decisión do xurado no concurso de anteproxectos arquitectónicos para a construcción dun auditorio en Cangas (Pontevedra).

1. Entidade adxudicataria: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Edificios Administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, A Coruña (España). Teléfono: 981 54 43 56.

2. Procedemento: aberto con participación de xurado.

3. Data da decisión do xurado: 22 de xuño de 1998.

4. Número de concursantes: inscritos previamente 22; presentaron proxectos 5.

5. Lema, nome e enderezo dos premiados:

-1º premio: Telón 900. Alfredo Freixeiro Alamparte e outros. Enderezo: r/ Juan de Austria, 1-3º. 32005 Ourense.

-2º premio: Facho 999. Manuel de las Casas e outros. Enderezo: r/ Arturo Soria, 214, Esc. 3-1ª V 7. 28033 Madrid.

-1º accésit: Siete 777. Carlos Enrique Meijide Calvo e outro. Enderezo: r/ Juan Flórez, 47-11º. 15004 A Coruña.

-2º Accésit: Artep 321. Idom Ingeniería y Consultoría, S.A. Jesús Llamazares Castro e outros. Enderezo: r/ Hórreo, 33-Ent. Esq. 15702 Santiago de Compostela.

6. Importe dos premios:

-1º premio: 1.000.000 de pesetas. (conxunta coa facultade para optar á adxudicación da asistencia técnica de redacción do proxecto básico e de execución).

-2º premio: 500.000 pesetas.

-1º accésit: 250.000 pesetas.

-2º accésit: 250.000 pesetas.

7. Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: nº 42, do 3 de marzo de 1998 (Resolución do 16 de febreiro).

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7467