Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, das subministracións de clave E/SC/98.57 e cinco máis.

A) Subministración.

1. Adquisición dun (1) camión basculante para a Delegación Provincial de Pontevedra.

Clave: E/SC/98.57.

Orzamento: sete millóns setecentas cincuenta mil pesetas (7.750.000).

Prazo de entrega: 1 mes.

A solvencia económica e financeira xustificarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante catálogo e descrición da subministración que se vai efectuar.

2. Adquisición de quince (15) furgonetas Combi, gasóleo encadradas no grupo E para as xefaturas

provinciais das estradas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra dependentes da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Clave: E/SC/98.58.

Orzamento: vintedous millóns seiscentas vintecinco mil pesetas (22.625.000).

Prazo de entrega: 1 mes.

A solvencia económica e financeira xustificarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante catálogo e descrición da subministración que se vai efectuar.

3. Subministración de vestiario e calzado do persoal adscrito ó Servicio Provincial de Estradas da Coruña da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Clave: E/SC/98.59.

Orzamento: tres millóns trescentas oitenta e seis mil duascentas sesenta pesetas (3.386.260).

Prazo de entrega: 1 mes.

A solvencia económica e financeira xustificarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante catálogo e descrición da subministración que se vai efectuar.

4. Subministración de vestiario e calzado do persoal adscrito ó Servicio Provincial de Estradas de Lugo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Clave: E/SC/98.60.

Orzamento: tres millóns oitocentas oito mil cento cincuenta pesetas (3.808.150).

Prazo de entrega: 1 mes.

A solvencia económica e financeira xustificarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante catálogo e descrición da subministración que se vai efectuar.

5. Subministración de vestiario e calzado do persoal adscrito ó Servicio Provincial de Estradas de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Clave: E/SC/98.61.

Orzamento: catro millóns trescentas oitenta e dúas mil oitocentas pesetas (4.382.800).

Prazo de entrega: 1 mes.

A solvencia económica e financeira xustificarase mediante informe dunha institución financeira en

relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante catálogo e descrición da subministración que se vai efectuar.

6. Subministración de vestiario e calzado do persoal adscrito ó Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Clave: E/SC/98.62.

Orzamento: tres millóns catrocentas vintedúas mil setecentas noventa pesetas (3.422.790).

Prazo de entrega: 1 mes.

A solvencia económica e financeira xustificarase mediante informe dunha institución financeira en relación coa subministración obxecto desta licitación.

A solvencia técnica xustificarase mediante catálogo e descrición da subministración que se vai efectuar.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día

natural que no coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 199.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6680