Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Torre e Ourense, con anexos: V-2032; XG-172, por substitución da concesión V-2032; XG-172, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 7 de maio de 1998, resolveu outorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Domínguez y Fernández, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Torre e Ourense, con anexos: V-2032; XG-172, por substitución da concesión V-2032; XG-172, de igual denominación, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

* A Torre, Agra, Crespos (San Roque), Aldea de Deva, Freáns de Deva, Xinzo de Pontevedra, Abellás, Quintela de Leirado, Leirado, Carracedo, Santa Eufemia, Amoroce, Celanova e Ourense.

* Cela, Pousafoles, Lavandeira, Emp. Lavandeira, Freás, Vilar, Mociños, Garaxes, Xacebás, Bangueses, Cexo, Verea e Celanova.

* Bangueses, Outeiro das Augas, Aldea de Arriba, Calvos, Igrexa, Sarreaus e Bande.

* Vilar, Esnoriz, Gorgua, Monterredondo e Emp. Monterredondo.

* Quintela de Leirado e empalme OR-411.

* Leirado e Garaxes.

* Cruzamento de Leirado e Redemuíños.

2. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Ourense e Verea, puntos intermedios e viceversa.

* Tomar viaxeiros en Abellás con destino a Ourense, e viceversa.

* Tomar viaxeiros en Abellás con destino a Celanova, e viceversa.

3. Expedicións.

A Torre-Crespos-Quintela de Leirado-Celanova-Ourense (63,2 km).

* Unha expedición de ida e volta os días laborables.

Cela-Monterredondo-Gorgua-Vilar-Quintela de Leirado-Leirado-Garaxes-Bangueses-Verea-Celanova-Ourense (78,3 km).

* Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres non festivos, transbordando en Celanova na ida coa expedición A Torre-Ourense.

Cela-Freas-Mociños-Bangueses-Verea-Celanova-Ourense (73 km).

* Unha expedición de ida e volta os martes, xoves e sábados non festivos, transbordando na ida en Celanova coa expedición A Torre-Ourense.

Bangueses-Verea-Celanova (19,8 km).

* Unha expedición de ida e volta os xoves de cada semana, feira en Celanova.

Leirado-Redemuíños (4,4 km).

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables, en coordinación coa expedición A Torre-Ourense.

Bangueses-Calvos-Sarreaus-Bande (15,3 km).

* Unha expedición de ida e volta os martes e sábados.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

* Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 10,8346 pesetas.

* Tarifa usuario: 11,5930 pesetas.

* Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,6252 pesetas.

Contra a citada disposición, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

7098