Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 07 de agosto de 1998 Páx. 9.180

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0007155/98, interposto por Pavimentos Compavi, S.L.

Recibida providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso número 03/0007155/98, interposto por Pavimentos Compavi, S.L. contra Resolución do 7-11-1997 desestimatoria do recurso contra outra da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sobre acta de infracción número 335/1997, expediente número 359/1997.

Esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte en autos na sección terceira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7046